Etiquetas
- 25N
- Aprendizaje cooperativo
- Cancións
- Chimpamigos
- Ciencias da Natureza
- ClassDojo
- Cómics
- Convivencia
- Crítica literaria
- Debuxos animados
- Día da Paz
- Día Internacional da Muller
- Diario de la cuarentena
- Edmodo
- Encargados
- English
- Enigma
- Entroido
- Feira do Libro
- Festival
- Kakoot
- Kamishibai
- Kindergarten
- Lengua castellana
- Lingua galega
- Mapas conceptuais
- microrrelatos
- Música
- Películas
- Pen Pals
- Plástica
- Protectora
- Receitas
- Revista literaria
- Saco sen fondo
- Samaín
- Songs
- Teatro
- videos
- Xadrez
- Xornal
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 11 de maio de 2023
martes, 27 de abril de 2021
Entrevista a Daniel
Onte, 26 de abril, Radio Galega entrevistou a Daniel por ser o ganador do IV Concurso Literario sobre Protección de Datos. Podedes escoitar a entrevista se facedes clic na imaxe. A entrevista comeza un pouco antes dos quince minutos de programa.
venres, 23 de abril de 2021
luns, 8 de xuño de 2020
Os enunciados
Grupo de sexto: Bo día!!! Comezamos un novo tema de lingua. Comprobade as correccións que vos fixen dos exercicios de competencia lectora: https://new.edmodo.com/post/764753280.
A continuación, ides facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 121 para
ampliar o vocabulario sobre a oficina e para coñecer e utilizar frases
feitas (expresións que teñen un significado diferente ao que terían as
palabras que as compoñen por separado; por exemplo: nacer con estrela é
unha frase feita que significa ter sorte na vida, non nacer cunha
estrela debaixo do brazo) e interxeccións (palabras exclamativas: ah!,
ala!, vaites!).
Por último, repasaremos as diferenzas entre as frases e as oracións. É
algo básico: as oracións teñen unha forma verbal conxugada (Sol e nubes
sería unha frase; Ela é Marta sería unha oración). As oracións, ao ter
verbo, indican accións. A persoa, animal ou cousa que fai a acción sería
o suxeito; a acción e todo o que a rodea (como, onde, cando se fixo...)
sería o predicado.
Faremos os exercicios do 1 ao 3 das páxinas 122 e 123 para repasar ben
esta parte fundamental da gramática.
Palabras primitivas e derivadas
Grupo de quinto: Bo día!!! Comezamos un novo tema de lingua. Comprobade as correccións
que vos fixen dos exercicios sobre a acentuación de ditongos e hiatos: https://www.edmodo.com/post/764766955.
A continuación, ides ler un conto de misterio: "Os paraugas
desaparecidos", nas páxinas 130 e 131 do libro. Esta vez, non teredes
que facer exercicios de comprensión lectora. Por último, haberá que
facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 133, para estudar o vocabulario
sobre o tempo atmosférico e para repasar a formación de palabras
(primitivas e derivadas), que acabamos de estudar en lingua castelá.
mércores, 3 de xuño de 2020
Acentuación de ditongos e hiatos
Grupo de quinto: Rematamos o tema coa parte de ortografía. Recordade que "a, e, o" son as
vogais abertas e que "i, u" son as vogais pechadas. Dúas vogais abertas
xuntas forman sempre un hiato: ma-re-a, por exemplo. Nun hiato, dúas
vogais seguidas pertencen a sílabas diferentes. Unha vogal aberta máis
unha pechada forman ditongo (pertencen a mesma sílaba: ca-mión, por
exemplo), salvo que a pechada sexa tónica: dí-a. Estas son as normais
fundamentais da acentuación de ditongos e hiatos.
Para practicar esta parte de ortografía teredes que facer os exercicios
do 1 ao 3 das páxinas 122 e 123 do libro.
Aproveitade para comprobar as correccións que fixen dos exercicios sobre
o adxectivo: https://new.edmodo.com/post/761278681.
O estraño empregado
Grupo de sexto: Hoxe imos ler un relato dun dos escritores galegos máis populares: Agustín Fernández Paz, que faleceu recentemente. Aproveitaremos para apreciar o papel fundamental que realizan os personaxes secundarios.
Ademais de ler o relato hai que facer os exercicos do 1 ao 6 da páxina 120.
Antes de comezar, comprobade as correccións dos exercicios anteriores de lingua galega: https://new.edmodo.com/post/761293121.
Ademais de ler o relato hai que facer os exercicos do 1 ao 6 da páxina 120.
Antes de comezar, comprobade as correccións dos exercicios anteriores de lingua galega: https://new.edmodo.com/post/761293121.
luns, 25 de maio de 2020
Os recursos literarios
Grupo de sexto: Boa tarde! Primeiro tedes que comprobar as correccións que vos fixen
individualmente das tarefas sobre o apartado ortográfico da unidade: https://new.edmodo.com/post/758044708.
Despois, pasamos á última parte do tema: os recursos literarios. Os
textos literarios caracterízanse pola súa expresividade e fermosura.
Para conseguir acadalas, os escritores utilizan varios recursos
estilísticos. Algúns xa os coñecedes, aínda que non sexades moi
conscientes deles, pero xa os lestes nalgúns libros con seguridade.
Tedes que ler a páxina 112 do libro, e ao rematar deberedes facer os
exercicios do 1 ao 4 das páxinas 112 e 113.
O adxectivo
Grupo de quinto: Primeiro tedes que comprobar as correccións que vos fixen
individualmente das tarefas sobre o vocabulario da unidade: https://new.edmodo.com/post/757986939.
Despois, leredes a páxina 120 do libro, que trata da parte de gramática
do tema: o adxectivo. Como xa sabedes, os adxectivos sempre acompañan a
un substantivo (palabra que nomea a persoas, animais, lugares,
obxectos...) co que concordan en xénero (flor rosa) e en número (flores
rosas). Ides repasar o que xa sabedes sobre o adxectivo, e a amplialo,
estudando os seus graos: positivo, comparativo e superlativo.
Por último, teredes que facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 121.
luns, 18 de maio de 2020
O relevo
Quinto de primaria: Hoxe imos estudar a parte de vocabulario dun novo tema: o relevo
(accidentes como elevacións ou depresións que atopamos nun terreo). A
maiores, imos repasar as familias de palabras: recordade que se
diferencian dos campos semánticos en que coinciden parcialmente na forma
todas as palabras da mesma familia. Tedes que facer todos os
exercicios.
O son b. A grafía v.
Sexto: O apartado de ortografía
deste tema trata sobre o son b que se representa coa grafía v. Tedes que
ler a explicación da unidade (polo menos dúas veces, entendendo ben as
normas ortográficas das que fala e tratando de memorizalas) e debedes
facer tamén os tres exercicios da páxina 108.
domingo, 17 de maio de 2020
Día das Letras Galegas
Dani fixo estes tres carteis sobre Ricardo Carvalho Calero nos que cita algunhas das súas obras como Sete poetas galegos ou Scórpio.
sábado, 16 de maio de 2020
xoves, 14 de maio de 2020
Entrevista a unha alpinista
Grupo de quinto: tedes que ler esta entrevista coa alpinista galega Chus Lago e, despois,
debedes facer os exercicios de competencia lectora do 1 ao 5 da páxina
118.
Os enlaces: preposicións e conxuncións
Grupo de sexto. Lingua galega: ides facer os exercicios 4 e 5 da páxina 105 para repasar
os sinónimos e os antónimos. A maiores, tedes que ler a páxina 106 e
que facer os exercicios 1, 2 e 3. É a parte de gramática do tema. Trata
sobre os enlaces: palabras que unen outras palabras (libro DE papel) ou
oracións (Ti escribes E eu leo). Hai dous tipos de enlaces: conxuncións e
preposicións.
luns, 11 de maio de 2020
Carteis dixitais
Este ano, como xa sabedes, o Día das Letras Galegas estará dedicado a
Ricardo Carvalho Calero. Aínda que a Real Academia Galega acordou
pospoñer a homenaxe a Carvalho Calero ata o sábado 31 de outubro, o día
17 publicaremos algúns traballos sobre el nos blogs de aula e de
biblioteca. Ides facer carteis sobre el. Tedes que usar esta ferramenta
dixital para facer os carteis: https://es.postermywall.com/index.php/posterbuilder.
Non é necesario que vos rexistredes nin que paguedes nada. Cando
fagades o cartel hai que descargalo escollendo a opción básica, que é
gratuita. Ao entrar na páxina web, seleccionades o modelo que máis vos
guste para que despois poidades personalizalo. Outra opción é que
creedes unha conta na plataforma de deseño gráfico Canva (https://www.canva.com/).
Para facer carteis de calidade tedes que combinar símbolos da cultura
galega con información sobre o autor homenaxeado. Déixovos algúns
enlaces a carteis feitos por antigo alumnado meu noutro colexio. https://www.slideshare.net/alvaroinclan/carteis-dixitais
https://www.slideshare.net/alvaroinclan/carteis-letras-galegas-2014
https://www.slideshare.net/alvaroinclan/carteis-da-das-letras-galegas-2015
luns, 4 de maio de 2020
Ricardo Carvalho Calero
Este ano o Día das Letras Galegas estará dedicado a Ricardo Carvalho Calero. A Real Academia Galega acordou pospoñer a homenaxe ao escritor nado en Ferrol ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión da RAG na que se fará a homenaxe trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro. Así a todo, o día 17 publicaremos algúns traballos sobre el no blog de biblioteca. Imos comezar investigando un pouco sobre a súa vida e facendo uns exercicios interactivos sobre a súa biografía. Grupo de quinto:http://seminariogalan.org/inicio/ver/471 Grupo de sexto: http://seminariogalan.org/inicio/ver/472
sábado, 2 de maio de 2020
Paseo rural (diario de Dani)
O domingo 26 de abril de 2020 deixáronos saír á rúa aos nenos e nenas de España de 14 anos, ou menos, pero coa fácil e sinxela regra dos catro uns. Eu,
o domingo, fun co meu pai e coa miña cadeliña Lúa ao monte, a
dar un paseo por un sendeiro preto da casa. Tardamos uns
corenta e cinco minutos en dar unha volta enteira... Non vimos a
ninguén e non infrinximos ningunha norma.
Daniel Conde Rodríguez
Daniel Conde Rodríguez
domingo, 26 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
As luces que se acenden e se apagan
A contacontos María Xosé Martínez contou este relato de Ramón Trigo hoxe pola mañá para celebrar o Día Internacional do Libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























