luns, 11 de maio de 2020

Carteis dixitais

Este ano, como xa sabedes, o Día das Letras Galegas estará dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Aínda que a Real Academia Galega acordou pospoñer a homenaxe a Carvalho Calero ata o sábado 31 de outubro, o día 17 publicaremos algúns traballos sobre el nos blogs de aula e de biblioteca. Ides facer carteis sobre el. Tedes que usar esta ferramenta dixital para facer os carteis: https://es.postermywall.com/index.php/posterbuilder. Non é necesario que vos rexistredes nin que paguedes nada. Cando fagades o cartel hai que descargalo escollendo a opción básica, que é gratuita. Ao entrar na páxina web, seleccionades o modelo que máis vos guste para que despois poidades personalizalo. Outra opción é que creedes unha conta na plataforma de deseño gráfico Canva (https://www.canva.com/). Para facer carteis de calidade tedes que combinar símbolos da cultura galega con información sobre o autor homenaxeado. Déixovos algúns enlaces a carteis feitos por antigo alumnado meu noutro colexio. https://www.slideshare.net/alvaroinclan/carteis-dixitais https://www.slideshare.net/alvaroinclan/carteis-letras-galegas-2014 https://www.slideshare.net/alvaroinclan/carteis-da-das-letras-galegas-2015

http://seminariogalan.org/inicio/portada

Ningún comentario:

Publicar un comentario