Amosando publicacións coa etiqueta microrrelatos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta microrrelatos. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

Aprazamento da publicación dos ganadores do concurso literario da RAG

A publicación da listaxe dos ganadores do concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega, no que participamos, posponse ata a primeira semana de xuño.


martes, 28 de maio de 2019

Entrega do premio do III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos

Parabéns, Elia! Moitas grazas ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, especialmente a Juanjo e a Iván, polo premio.


xoves, 11 de abril de 2019

Elia Casares ganou o III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a protección de datos

Parabéns. Elia!!! Estamos moi orgullosos de ti. Publicaremos en papel o seu relato, xunto co de Paula, que ganou o concurso do ano anterior, na próxima edición da revista do colexio.

luns, 27 de novembro de 2017

A lenda do magosto

A LENDA DO MAGOSTO
Claudia Cayetano Ferradás


Hai moito tempo había unha familia moi pobre que cada magosto saía da súa casa na busca de algo que comer. A familia estaba formada por un matrimonio e dous nenos. Os nenos foron pola dereita e os pais pola esquerda. Os nenos toparon un saco de castañas e sete billetes de
cincocentos euros, pero os pais non toparon nada. Cando chegaron a casa os pais puxéronse moi contentos, pero cando abriron a bolsa a súa felicidade desvaneceuse pois na bolsa había un cartel onde poñía: se as castañas coller queres pide permiso a quen lle temes.

domingo, 26 de novembro de 2017

El velero del magosto

EL VELERO DEL MAGOSTO
Anne Gil Gallego

Había una vez un señor pobre llamado Juanjo que en la calle se sentaba y vendía castañas que
encontraba cuando iba al monte. Él vendía poco, menos a una niña llamada Lucía que siempre que
salía a la calle con su madre le pedía que le comprase castañas. Juanjo guardó el dinero y compró un velero y un horno para hacer un magosto y ganar más dinero, pero después de unos años cerró el negocio. Lucía fue de excursión al sitio en el que Juanjo tenía el negocio. Ella vio que cerraba y dijo :
—Vamos con Juanjo.

luns, 20 de novembro de 2017

A castaña Maruxiña


A castaña Maruxiña
Paula Ledo Iglesias
Os magostos son unhas festas tradicionais galegas, nas que as castañas son as protagonistas, coma a da nosa historia, a castaña Maruxiña, que aínda estaba no castiñeiro e xa pensaba na chegada dos magostos como na fin dos seus días. Esperando ese momento, co que non
contaba ela era que unha rapaza fora apañar as castañas e decidise gardar unha no peto, que era Maruxiña, para plantar un fermoso castiñeiro no xardín da súa casa. Unha bonita maneira de salvarse Maruxiña. Non correron a mesma sorte o resto das castañas...