Amosando publicacións coa etiqueta Protectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Protectora. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de maio de 2022

Campaña de recollida de penso

Un ano máis lanzamos a campaña de recollida de penso para a protectora Arume. Xa recadamos os primeiros vinte quilos de penso para cans e gatos. Este ano o noso obxectivo é superar os 477 quilos recadados hai un ano. A campaña durará dende hoxe ata o 15 de xuño, e a remataremos volvendo a facer unha cadea humana para entregarlle o penso á presidenta de Arume, Bea Míguez. Recorda: ADOPTA, non compres!!!



sábado, 3 de xullo de 2021

Entrega de penso

 O pasado 17 de xuño fixemos a entrega de penso para a protectora Arume. Recadamos en total 477 quilos!!!

xoves, 20 de maio de 2021

Cuña protectora Arume

 Cuña feita por Daniel, María e María José para promover a nosa campaña de recollida de penso para a protectora Arume. Xa levamos máis de 300 kilos recadados en menos de tres semanas!!!

xoves, 13 de maio de 2021

Nova campaña de recollida de penso e móbiles

 Un ano máis retomamos as nosas campañas de recollida de penso para a protectora Arume (a antiga Proanimales Carballiño) e de móbiles para o Instituto Jane Goodall. En só dez días de campaña levamos máis de douscentos quilos e dez móbiles recollidos! 

 




domingo, 14 de xuño de 2020

Campaña de doazóns para a protectora

Actualización: pregamos a colaboración de toda a comunidade educativa do colexio para que esta campaña sexa tan exitosa coma todas as anteriores de recollida de penso. Levamos anos colaborando con Proanimales Carballiño. Este ano non podemos recadar penso para a protectora polo confinamento debido á propagación do coronavirus, e queremos compensalo recadando diñeiro para axudar aos animais que Proanimales Carballiño ten en residencias. Acabamos de crear un grupo en Teaming para facelo. É unha ferramenta que permite recadar fondos para causas sociais a través de doazóns mensuais dun euro. Estas contribucións pódense desgravar ao facer a declaración da renda, de maneira que de cada catro euros entregados dedúcense tres, un 75 %. Este é o enlace:

https://www.teaming.net/oirixoprotexeaosanimais

Información sobre Teaming:

https://www.teaming.net/que-es-teaming

https://faqs.teaming.net/es/como-obtener-un-certificado-de-donaciones-teaming-espana/

domingo, 31 de maio de 2020

Anzac

¿Os acordáis de Anzac? Es una chimpancé a la que el colegio apadrina desde hace varios años. Podéis entrar en estas dos publicaciones anteriores de nuestro blog si queréis rememorar su historia: Certificado de apadrinamiento y vídeo de Anzac. Hemos recibido un nuevo informe con información sobre ella:


El Instituto Jane Goodall nos ha enviado también información sobre las actividades que realizan gracias a donantes como nosotros: por ejemplo, han repartido mascarillas y cuatrocientos kilos de alimentos entre la población local de Senegal.



luns, 20 de abril de 2020

Ratona

Erich grabó nuestro primer vídeo sobre Ratona. Está en adopción. Si estás interesado en adoptarla hazle caso a Erich y ponte en contacto con las responsables de Proanimales Carballiño mandándoles un wasap al teléfono 605193137.


Cartel de Abril

Mara elaborou este cartel cunha ferramenta dixital. Fíxoo dunha maneira moi profesional. A ver se conseguimos que Abril teña unha familia pronto.


venres, 17 de abril de 2020

Cartel feito por Virginia

Parabéns, Virginia! Bo traballo! Abril necesita unha adopción. Quen poida que colabore co noso grupo de Teaming aportando un euro ao mes para a protectora: https://www.teaming.net/oirixoprotexeaosanimais.


xoves, 16 de abril de 2020

Abril

Lingua galega (sexto): ides facer carteis para intentar que alguén adopte a Abril (o alumnado de quinto fará o mesmo con Ratona). Tedes que usar esta ferramenta dixital para facer os carteis: https://es.postermywall.com/index.php/posterbuilder Non é necesario que vos rexistredes nin que paguedes nada. Cando fagades o cartel hai que descargalo escollendo a opción básica, que é gratuita. Ao entrar na páxina web, seleccionades o modelo que máis vos guste para que despois poidades personalizalo con imaxes de Abril e información sobre ela. Nun cartel non podemos incluír demasiada infromación e hai que ser concisos. Abril: cadela de dous anos e medio. 12 kilos de peso. Estivo na canceira. Déronlle acollida nunha casa, pero necesita unha familia definitiva. Contacto coa protectora no teléfono 605193137 a través de mensaxes de texto. Hai que citar a Proanimales Carballiño.



martes, 7 de abril de 2020

Campaña de doazóns para a protectora

O colexio de O Irixo (CEIP Virxe da Pena da Sela) leva anos colaborando con Proanimales Carballiño. Este ano non podemos recadar penso para a protectora polo confinamento debido á propagación do coronavirus, e queremos compensalo recadando diñeiro para axudar aos animais que Proanimales Carballiño ten en residencias. Acabamos de crear un grupo en Teaming para facelo. É unha ferramenta que permite recadar fondos para causas sociais a través de doazóns mensuais dun euro. Estas contribucións pódense desgravar ao facer a declaración da renda, de maneira que de cada catro euros entregados dedúcense tres, un 75 %. Este é o enlace:

https://www.teaming.net/oirixoprotexeaosanimais

Información sobre Teaming:

https://www.teaming.net/que-es-teaming


https://faqs.teaming.net/es/como-obtener-un-certificado-de-donaciones-teaming-espana/

Protexe os animais

O colexio participa este ano en catro plans Proxecta. Un deles chámase Protexe os animais. O obxectivo do plan é concienciar ao alumnado do centro sobre a protección do medio ambiente e o respecto aos dereitos dos animais. Mañá publicaremos imaxes de todo o traballo feito ata o momento. A maiores, imos colaborar un ano máis con Proanimales Carballiño. Este ano imos intentar conseguir adopcións para seis cans abandonados na comarca de O Carballiño que están baixo a tutela da protectora. Dende Proanimais Carballiño dinnos o seguinte:

URXEN ADOPCIÓNS.
Istos son algúns dos nosos refuxiados que actualmente viven en residencias e están en adopción. Temos máis, pero por temas principalmente de medos ou enfermidades, aínda están en proceso de recuperarse. Só uns poucos afortunados teñen madriña ou padriño que nos axudan cos gastos mensuais. Ao resto, mantémolos integramente nós.  Pero sen acollidas nin adopcións non podemos seguir asumindo mes a mes tanto gasto. E entón…Que facemos? Que pasa con eles se non lles atopamos adopcións nin madriñas? Cal é o seu futuro? Volver á canceira?
Só este mes en residencias (sen contar as que pagan os padriños) os gastos sumaron 800 euros. 800 euros fixos que temos que pagar, máis todos os gastos que temos de veterinarios, transportes, urxencias... que debemos atender.
ESTAMOS DESBORDADAS. É inasumible e desesperante. Vémonos abafadas e sen recursos. Queremos seguir salvando vidas, rescatalos e axudalos sen mirar hacia outro lado é a nosa prioridade... Pero despois vémonos coa corda ao pescozo ao ter que afrontar tanto nós soas.
Todos son cans marabillosos que necesitan un fogar e vivir en familia.
E mentres non chege o seu momento, pregamos axuda para poder mantelos.

Estes son os cans aos que imos intentar axudar dende o colexio:

DUNA


ALMA E ABRIL



BRUCE


RITA


RATONA

martes, 25 de xuño de 2019

Cadea humana

Entrega do penso recadado (150 quilos) polo CEIP Virxe da Pena da Sela a Proanimales Carballiño. 21 de xuño de 2019. O Irixo. Canción "Altruísta" de Voadora. "Musica notturna delle strade di Madrid" de Boccherini.