martes, 7 de abril de 2020

Protexe os animais

O colexio participa este ano en catro plans Proxecta. Un deles chámase Protexe os animais. O obxectivo do plan é concienciar ao alumnado do centro sobre a protección do medio ambiente e o respecto aos dereitos dos animais. Mañá publicaremos imaxes de todo o traballo feito ata o momento. A maiores, imos colaborar un ano máis con Proanimales Carballiño. Este ano imos intentar conseguir adopcións para seis cans abandonados na comarca de O Carballiño que están baixo a tutela da protectora. Dende Proanimais Carballiño dinnos o seguinte:

URXEN ADOPCIÓNS.
Istos son algúns dos nosos refuxiados que actualmente viven en residencias e están en adopción. Temos máis, pero por temas principalmente de medos ou enfermidades, aínda están en proceso de recuperarse. Só uns poucos afortunados teñen madriña ou padriño que nos axudan cos gastos mensuais. Ao resto, mantémolos integramente nós.  Pero sen acollidas nin adopcións non podemos seguir asumindo mes a mes tanto gasto. E entón…Que facemos? Que pasa con eles se non lles atopamos adopcións nin madriñas? Cal é o seu futuro? Volver á canceira?
Só este mes en residencias (sen contar as que pagan os padriños) os gastos sumaron 800 euros. 800 euros fixos que temos que pagar, máis todos os gastos que temos de veterinarios, transportes, urxencias... que debemos atender.
ESTAMOS DESBORDADAS. É inasumible e desesperante. Vémonos abafadas e sen recursos. Queremos seguir salvando vidas, rescatalos e axudalos sen mirar hacia outro lado é a nosa prioridade... Pero despois vémonos coa corda ao pescozo ao ter que afrontar tanto nós soas.
Todos son cans marabillosos que necesitan un fogar e vivir en familia.
E mentres non chege o seu momento, pregamos axuda para poder mantelos.

Estes son os cans aos que imos intentar axudar dende o colexio:

DUNA


ALMA E ABRIL



BRUCE


RITA


RATONA

Ningún comentario:

Publicar un comentario