martes, 7 de abril de 2020

Campaña de doazóns para a protectora

O colexio de O Irixo (CEIP Virxe da Pena da Sela) leva anos colaborando con Proanimales Carballiño. Este ano non podemos recadar penso para a protectora polo confinamento debido á propagación do coronavirus, e queremos compensalo recadando diñeiro para axudar aos animais que Proanimales Carballiño ten en residencias. Acabamos de crear un grupo en Teaming para facelo. É unha ferramenta que permite recadar fondos para causas sociais a través de doazóns mensuais dun euro. Estas contribucións pódense desgravar ao facer a declaración da renda, de maneira que de cada catro euros entregados dedúcense tres, un 75 %. Este é o enlace:

https://www.teaming.net/oirixoprotexeaosanimais

Información sobre Teaming:

https://www.teaming.net/que-es-teaming


https://faqs.teaming.net/es/como-obtener-un-certificado-de-donaciones-teaming-espana/

Ningún comentario:

Publicar un comentario