luns, 27 de novembro de 2017

A lenda do magosto

A LENDA DO MAGOSTO
Claudia Cayetano Ferradás


Hai moito tempo había unha familia moi pobre que cada magosto saía da súa casa na busca de algo que comer. A familia estaba formada por un matrimonio e dous nenos. Os nenos foron pola dereita e os pais pola esquerda. Os nenos toparon un saco de castañas e sete billetes de
cincocentos euros, pero os pais non toparon nada. Cando chegaron a casa os pais puxéronse moi contentos, pero cando abriron a bolsa a súa felicidade desvaneceuse pois na bolsa había un cartel onde poñía: se as castañas coller queres pide permiso a quen lle temes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario