luns, 25 de maio de 2020

Os recursos literarios

Grupo de sexto: Boa tarde! Primeiro tedes que comprobar as correccións que vos fixen individualmente das tarefas sobre o apartado ortográfico da unidade: https://new.edmodo.com/post/758044708. Despois, pasamos á última parte do tema: os recursos literarios. Os textos literarios caracterízanse pola súa expresividade e fermosura. Para conseguir acadalas, os escritores utilizan varios recursos estilísticos. Algúns xa os coñecedes, aínda que non sexades moi conscientes deles, pero xa os lestes nalgúns libros con seguridade. Tedes que ler a páxina 112 do libro, e ao rematar deberedes facer os exercicios do 1 ao 4 das páxinas 112 e 113.


Ningún comentario:

Publicar un comentario