luns, 25 de maio de 2020

O adxectivo

Grupo de quinto: Primeiro tedes que comprobar as correccións que vos fixen individualmente das tarefas sobre o vocabulario da unidade: https://new.edmodo.com/post/757986939. Despois, leredes a páxina 120 do libro, que trata da parte de gramática do tema: o adxectivo. Como xa sabedes, os adxectivos sempre acompañan a un substantivo (palabra que nomea a persoas, animais, lugares, obxectos...) co que concordan en xénero (flor rosa) e en número (flores rosas). Ides repasar o que xa sabedes sobre o adxectivo, e a amplialo, estudando os seus graos: positivo, comparativo e superlativo. Por último, teredes que facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 121.


Ningún comentario:

Publicar un comentario