luns, 8 de xuño de 2020

Palabras primitivas e derivadas

Grupo de quinto: Bo día!!! Comezamos un novo tema de lingua. Comprobade as correccións que vos fixen dos exercicios sobre a acentuación de ditongos e hiatos: https://www.edmodo.com/post/764766955. A continuación, ides ler un conto de misterio: "Os paraugas desaparecidos", nas páxinas 130 e 131 do libro. Esta vez, non teredes que facer exercicios de comprensión lectora. Por último, haberá que facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 133, para estudar o vocabulario sobre o tempo atmosférico e para repasar a formación de palabras (primitivas e derivadas), que acabamos de estudar en lingua castelá.


Ningún comentario:

Publicar un comentario