Grupo de sexto: Bo día!!! Comezamos un novo tema de lingua. Comprobade as correccións que vos fixen dos exercicios de competencia lectora: https://new.edmodo.com/post/764753280.
A continuación, ides facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 121 para
ampliar o vocabulario sobre a oficina e para coñecer e utilizar frases
feitas (expresións que teñen un significado diferente ao que terían as
palabras que as compoñen por separado; por exemplo: nacer con estrela é
unha frase feita que significa ter sorte na vida, non nacer cunha
estrela debaixo do brazo) e interxeccións (palabras exclamativas: ah!,
ala!, vaites!).
Por último, repasaremos as diferenzas entre as frases e as oracións. É
algo básico: as oracións teñen unha forma verbal conxugada (Sol e nubes
sería unha frase; Ela é Marta sería unha oración). As oracións, ao ter
verbo, indican accións. A persoa, animal ou cousa que fai a acción sería
o suxeito; a acción e todo o que a rodea (como, onde, cando se fixo...)
sería o predicado.
Faremos os exercicios do 1 ao 3 das páxinas 122 e 123 para repasar ben
esta parte fundamental da gramática.
Etiquetas
- 25N
- Aprendizaje cooperativo
- Cancións
- Chimpamigos
- Ciencias da Natureza
- ClassDojo
- Cómics
- Convivencia
- Crítica literaria
- Debuxos animados
- Día da Paz
- Día Internacional da Muller
- Diario de la cuarentena
- Edmodo
- Encargados
- English
- Enigma
- Entroido
- Feira do Libro
- Festival
- Kakoot
- Kamishibai
- Kindergarten
- Lengua castellana
- Lingua galega
- Mapas conceptuais
- microrrelatos
- Música
- Películas
- Pen Pals
- Plástica
- Protectora
- Receitas
- Revista literaria
- Saco sen fondo
- Samaín
- Songs
- Teatro
- videos
- Xadrez
- Xornal
Ningún comentario:
Publicar un comentario