O vindeiro mércores, 8 de abril, imos celebrar, de maneira virtual por desgraza, Pascua. O profesorado do centro elaborou pratos tradicionais de Semana Santa e fixo varias manualidades representativas desta festa. Fixémolos con moita ilusión, a mesma que estaremos seguros que poredes agora todos vós. Convidamos a todas as familias a que elaboren tamén pratos tradicionais ou manualidades relacionadas con Pascua antes do próximo mércores, e a que envíen fotografías do resultado ou do proceso aos seus titores pola canle establecida para comunicarse durante o peche do colexio.
Haberá cinco premios que entregaremos en canto volvamos ao centro: ao prato ou manualidade máis sorprendente, ao máis laborioso, ao máis orixinal, á feita con maior autonomía polo alumnado de infantil e á máis creativa.
Moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario