Venres, 20 de marzo, 2020.
Hoxe volveu tocar quedar na casa, xa que a situación do país non está
como para saír.
Estiven facendo de todo: xogar a xogos de mesa, cantar as miñas cancións
favoritas, e ver unha entrevista a unha persoa famosa. Falaba da
situación que estamos vivindo, e daballe ánimo a todas as persoas,
dicindo que todos xuntos íamos sair disto.
Fixen algunhas das tarefas, e deron as 20:00. Miña nai e mais eu saímos
correndo ao balcón a aplaudir. Tódolos días o facemos. Así, xunto cos
demais veciños, adicamos uns minutos a homenaxear e dar ánimos a aqueles
que de un xeito ou outro están a loitar nesta horrible batalla contra o
coronavirus. Despois de aplaudir, preparamos a cea. Eu sempre axudo a
miña nai no que podo, xa que a ela tócalle traballar, e chega moi
cansada. Chegou meu pai, ceamos os tres xuntos e vimos unha peli. Ao
rematar, coma sempre, ducha, cepillar os dentes e para cama.
Etiquetas
- 25N
- Aprendizaje cooperativo
- Cancións
- Chimpamigos
- Ciencias da Natureza
- ClassDojo
- Cómics
- Convivencia
- Crítica literaria
- Debuxos animados
- Día da Paz
- Día Internacional da Muller
- Diario de la cuarentena
- Edmodo
- Encargados
- English
- Enigma
- Entroido
- Feira do Libro
- Festival
- Kakoot
- Kamishibai
- Kindergarten
- Lengua castellana
- Lingua galega
- Mapas conceptuais
- microrrelatos
- Música
- Películas
- Pen Pals
- Plástica
- Protectora
- Receitas
- Revista literaria
- Saco sen fondo
- Samaín
- Songs
- Teatro
- videos
- Xadrez
- Xornal
Ningún comentario:
Publicar un comentario