xoves, 24 de novembro de 2016

Recadación de penso

Estamos de en hora boa. Conseguimos recadar corenta e oito quilos de penso para a protectora de animais do Carballiño ata o momento. Sentímonos moi orgullosos do conseguido pero queremos máis. Intentaremos chegar a cen quilos polo que ampliamos a campaña ata a celebración do festival de inverno o día 20 de decembro.
Os case cincuenta quilos recollidos permitirían alimentar a seis cans adultos de quince quilos de peso durante un mes.
Moitas grazas a Ana pola foto.


2 comentarios:

  1. que guai¡¡¡¡¡¡¡ mola mucho ojalaa consigais mas maria jose biblio

    ResponderEliminar
  2. Os nenos e nenas de 1º, 2ºe terceiro estamos moi contentos de colaborar e conseguir mais de 100 kilos.

    ResponderEliminar