xoves, 13 de outubro de 2016

Recollida de penso


Durante este curso desenvolveremos varias actividades dende o colexio, en colaboración coa protectora de animais de O Carballiño, fomentando a concienciación sobre o abandono e a adopción de mascotas. En novembro faremos unha recollida de penso no centro da que xa vos iremos informando. Para que a campaña teña o maior éxito posible necesitariamos a vosa colaboración para recoller o penso durante ese mes en establecementos abertos ao público (tendas, oficinas...), e non só no colexio.
A participación nesta campaña está aberta tanto a establecementos rexentados por familias do alumnado, como ós xestionados por amigos ou coñecidos, co único compromiso de colgar os carteis que entreguemos e gardar o penso ata que vaiamos recollelo. Todos os interesados en participar que cubran os datos da táboa entregada aos alumnos do colexio, ou que chamen ao centro, por favor.
¡Moitísimas grazas!
Teléfono: 988287411

2 comentarios: