sábado, 2 de maio de 2020

Paseo rural (diario de Dani)

O domingo 26 de abril de 2020 deixáronos saír á rúa aos nenos e nenas de España de 14 anos, ou menos, pero coa fácil e sinxela regra dos catro uns. Eu, o domingo, fun co meu pai e coa miña cadeliña Lúa ao monte, a dar un paseo por un sendeiro preto da casa. Tardamos uns corenta e cinco minutos en dar unha volta enteira... Non vimos a ninguén e non infrinximos ningunha norma.

Daniel Conde Rodríguez 

Ningún comentario:

Publicar un comentario