luns, 2 de maio de 2022

Campaña de recollida de penso

Un ano máis lanzamos a campaña de recollida de penso para a protectora Arume. Xa recadamos os primeiros vinte quilos de penso para cans e gatos. Este ano o noso obxectivo é superar os 477 quilos recadados hai un ano. A campaña durará dende hoxe ata o 15 de xuño, e a remataremos volvendo a facer unha cadea humana para entregarlle o penso á presidenta de Arume, Bea Míguez. Recorda: ADOPTA, non compres!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario