xoves, 16 de abril de 2020

Abril

Lingua galega (sexto): ides facer carteis para intentar que alguén adopte a Abril (o alumnado de quinto fará o mesmo con Ratona). Tedes que usar esta ferramenta dixital para facer os carteis: https://es.postermywall.com/index.php/posterbuilder Non é necesario que vos rexistredes nin que paguedes nada. Cando fagades o cartel hai que descargalo escollendo a opción básica, que é gratuita. Ao entrar na páxina web, seleccionades o modelo que máis vos guste para que despois poidades personalizalo con imaxes de Abril e información sobre ela. Nun cartel non podemos incluír demasiada infromación e hai que ser concisos. Abril: cadela de dous anos e medio. 12 kilos de peso. Estivo na canceira. Déronlle acollida nunha casa, pero necesita unha familia definitiva. Contacto coa protectora no teléfono 605193137 a través de mensaxes de texto. Hai que citar a Proanimales Carballiño.



Ningún comentario:

Publicar un comentario