xoves, 26 de marzo de 2020

Diario de Mara

Venres, 20 de marzo, 2020.
Hoxe volveu tocar quedar na casa, xa que a situación do país non está como para saír. Estiven facendo de todo: xogar a xogos de mesa, cantar as miñas cancións favoritas, e ver unha entrevista a unha persoa famosa. Falaba da situación que estamos vivindo, e daballe ánimo a todas as persoas, dicindo que todos xuntos íamos sair disto. Fixen algunhas das tarefas, e deron as 20:00. Miña nai e mais eu saímos correndo ao balcón a aplaudir. Tódolos días o facemos. Así, xunto cos demais veciños, adicamos uns minutos a homenaxear e dar ánimos a aqueles que de un xeito ou outro están a loitar nesta horrible batalla contra o coronavirus. Despois de aplaudir, preparamos a cea. Eu sempre axudo a miña nai no que podo, xa que a ela tócalle traballar, e chega moi cansada. Chegou meu pai, ceamos os tres xuntos e vimos unha peli. Ao rematar, coma sempre, ducha, cepillar os dentes e para cama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario