mércores, 25 de marzo de 2020

Diario de Dani

Mércores 18 de marzo de 2020
Hoxe levanteime ás 7 :45 da mañá. Xa non quería durmir máis! Almorcei leite e unhas tostadiñas con aceite e estiven vendo a televisión ata as 9:30. Despois, púxenme a facer os deberes ata as 12:00. Tiven que buscar información en Internet e pasoume a mañá voando. Xoguei un pouco ata a hora de comer. Despois, comín e descansei un pouco. Pola tarde estiven facendo unhas "manualidades" para educación artística. Cando rematei xoguei ao Monopoly Tramposo. Arrasei a miña nai e quedei millonario! As 21:00 ceamos e había pizza caseira, que fixeron meu pai e miña nai. Despois, fun dormir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario